vivavinil(l)o

viva o vinillo? viva o vinilo? viva o vinil(l)o! (...) eses plásticos que levaría a unha illa deserta, elixidos a piques de pasares polo mostrador de facturación ***

Siniestro Total - Bailaré sobre tu tumba (1985)

Gravado e mesturado por Eugenio Muñoz e Paco Trinidad no outono de 1985 no estudo Trak (Madrid) agás os temas da cara B, gravados ao vivo no verán dese ano en Vigo, Compostela, Valladolid e Alcázar de San Juan (Cidade Real) por Juan Verdera e Paco Trinidad e mesturados logo en outono en Trak (Madrid). Producido por Paco Trinidad. Publicado por DRO en decembro de 1985 coa referencia 4D 150.

A banda: Miguel Costas (voz e guitarra), Javier Soto (guitarra, teclados e voces), Alberto Torrado (baixo, teclados e voces), Julián Hernández (batería e voces). As xentes: Paloma Lliso (voces), Cristina Lliso (voces), Paco Trinidad (teclados). Deseño de Manuel Guío baseado en obras de Luis Álvarez ‘San Luis’ e con fotografías de Lalo Cimadevila.

Cara A:
Vámonos al Kwai – Nos vamos a chupar (Julián Hernández)
¿Qué tal homosexual? (Julián Hernández, Miguel Costas)
Kalahari (Julián Hernández, Miguel Costas)
Al final (Miguel Costas)
Demasiado lejos (Miguel Costas)
Rock en Samil (Douglas Colvin)
Bailaré sobre tu tumba (Miguel Costas, Alberto Torrado, Javier Soto, Julián Hernández)
Will power (Tradicional)

Cara B:
Can’t get enough (Mick Ralphs)
Hey hey Vigo (Julián Hernández)
Hoy voy a asesinarte (Tony Hatch)
Yeyé (Fay Fife, Eugene Reynolds)
Viene el verano (John O’Neill)
Emilio Cao (Ray Davies)
Sexo chungo (Miguel Costas)

As versións que se inclúen son orixinais de Ramones, Bad Company, Petula Clark, Revillos, Undertones e Kinks. Acredítanse tamén reverbs, ruidos e voces varias por Víctor, Javier, Lolo, Regino e Julio. ¡Deste álbum temos chartin chatín!

The Barracudas - Drop out with the Barracudas (2008)

Gravado no verán de 1980 nos estudos Rockfield de Monmouth (Gales) por Pat Moran, John David e Kenny Laguna. Mesturado e producido por Pat Moran e John David agás “Summer fun”, producida por Kenny Laguna. Publicado en febreiro de 1981 por EMI Records no seu subselo Zonophone coa referencia ZONO 103. Editado e distribuido en Estados Unidos por Bomp Records e The Voxx Record Company en xuño de 1982 coa referencia 200 009. Reedición de Bomp Records coas mesmas referencias no ano 2008.

A banda: Jeremy Gluck (voz), Robin Willis (guitarras e voces), David Buckley (baixo, voces e sintetizador), Nicky Turner (batería e voces). As xentes: deseño de Diane Zincavage coa axuda de Paul Briginshaw e fotografías de Chris Gabrin.

Cara A:
I can’t pretend (Robin Willis)
Violent times (Jeremy Gluck, Robin Willis)
Somebody (Robin Willis)
Codeine (Beverly Saint Marie)
This ain’t my time (Robin Willis)
Somewhere outside (Jeremy Gluck, Robin Willis)
I saw my death in a dream last night (Jeremy Gluck, Robin Willis)

Cara B:
Summer fun (Robin Willis)
His last summer (Jeremy Gluck, Robin Willis)
Surfers are back (Robin Willis)
Don’t let go (Robin Willis)
On the strip (Robin Willis)
California lament (Robin Willis)
I wish it could be 1965 again (Robin Willis)

Reedición actual da versión americana do álbum, respectando a arte orixinal e co plástico en cerumen verde. “Codeine” é orixinal de Buffy St. Marie. E non podía ser menos e hai chartin chatín.

The Rolling Stones - Sticky fingers (1980)

Gravado por Glyn e Andy Johns e Chris Kimsey nos estudos Olympic Sound de Londres (Inglaterra), de decembro de 1969 a xullo de 1970 e de decembro dese mesmo ano a xaneiro de 1971, no estudo móbil dos Rolling Stones en Stargroves-Newbury (Inglaterra), de marzo a maio e de outubro a novembro de 1970, e nos estudos Trident de Londres entre xaneiro e febreiro de 1970. As bases de “You gotta move”, “Brown sugar” e “Wild horses” foron gravadas por Jimmy Johnson nos estudos Muscle Shoals de Florence, Alabama (Estados Unidos), mentres que “Sister morphine” era un descarte das sesións do álbum “Let it bleed”, rexistrado en marzo de 1969 por Glyn Johns en Olympic Sound. Mesturado e producido en xaneiro de 1971 por Jimmy Miller.

Publicado en abril de 1971 por Rolling Stones Records coa referencia CUN 59100, editado en España no mesmo ano por Hispavox coa referencia HRSS 591-01 e reeditado por EMI Odeón en 1980 coa referencia 10C 068-063616.

A banda: Mick Jagger (voz, guitarras e percusións), Keith Richards (guitarras e voces), Mick Taylor (guitarras e voces), Bill Wyman (baixo e teclados), Charlie Watts (batería). As xentes: Paul Buckmaster (arranxos de cordas), Ry Cooder (guitarras), Jim Dickinson (teclados), Rocky Dijon (percusións), Nicky Hopkins (teclados), Bobby Keys (ventos), Ronnie Lane (voces), Jimmy Miller (percusións), Billy Nichols (voces), Jack Nitzsche (teclados), Billy Preston (teclados), Jim Price (ventos, teclados), Ian Stewart (teclados), Pete Townshend (voces). Deseño de John Pasche con fotografías de Phil Jude.

Cara A:
Brown sugar (Mick Jagger, Keith Richards)
Sway (Mick Jagger, Keith Richards)
Wild horses (Mick Jagger, Keith Richards)
Can’t you hear me knocking (Mick Jagger, Keith Richards)
You gotta move (Fred McDowell)

Cara B:
Bitch (Mick Jagger, Keith Richards)
I got the blues (Mick Jagger, Keith Richards)
Sister Morphine (Mick Jagger, Keith Richards, Marianne Faithfull)
Dead flowers (Mick Jagger, Keith Richards)
Moonlight mile (Mick Jagger, Keith Richards)

Vinilo verde con certa polémica arredor. Supostamente trátase da reedición lexítima de 1980. Outras fontes apuntan que é un "piratísimo" de 2008. A portada é a española dos dedos pingantes escollida polos censores e a galleta cita o "Let it rock", a versión ao vivo de Chuck Berry escollida para substituir a "Sister Morphine". Pero no plástico agóchase esta e non se inclúe o "insert" de créditos co famoso logo da língua. Dúbidas e máis dúbidas: ¿Por que hai agora tantas copias de cores (verdes, vermellas, azuis, laranxas...) en circulación e non en riguroso negro? Din que nos 70 os Rolling Stones xamáis fixeron edicións de cores (agás unha limitadísima tirada de "Let it bleed"), ¿e en 1980? ¿Se é falsa de onde sacaron os fotolitos da arte e o máster da gravación? ¿Se fose un transfer de vinilo a vinilo notaríase, non? ¿En 1980 facía falla censurar "Sister Morphine" ou non?

Deixando isto de lado, pois prefiro ilusionarme con que é unha barata adquisición lexítima máis que un mero facsímil, sinalar que como boa copia hispana dos oitenta emprega o costume de traducir os títulos, agás no caso de “Brown sugar” e “Let it rock”. Aquí tedes: “Dedos pegajosos”, “Tambalearse”, “Caballos salvajes”, “No me oyes llamar”, “Debes moverte”, “Perra”, “Tengo los blues”, “Flores muertas”, “Milla a la luz de la luna”.

Para rematar, engadir que a coautoría de Marianne Faithfull en “Sister Morphine” aquí referida non foi aceptada pola banda ata moitos anos despois.

The Soundtrack of Our Lives - Communion (2008)

Gravado no Svenska Grammofon Studion de Gotemburgo, Suecia, nos meses de febreiro e xuño de 2008 por Kalle Gustafsson Jernelhom, Mattias Nyberg, Johan Forsman e Hans Olsson coa axuda de Oskar Lindberg, John ‘Gossen’ Rönneklev, Daniel Nyström e María Andrén. Mesturado no mesmo estudo por Kalle Gustafsson Jernelhom, Ebbot Lundberg e Johan Forsman en maio, agosto e setembro dese ano. Masterizado por Hoffe ‘Grandmaster’ Stannow nos estudos Cosmos Mastering de Estocolmo, Suecia. Producido por The Soundtrack of Our Lives. Publicado por Haldern Pop Recordings e Universal Music o 26 de novembro de 2008 coa referencia HPR-032, distribuido en Europa por Cargo Records e Warner Music.

A banda: Ebbot Lundberg (voz), Fredrik Sandsten (batería), Kalle Gustafsson Jernelhom (baixo e voces), Mattias Bärjed (guitarra e voces), Ian Person (guitarra, voces e percusións), Martin Hederos (teclados).

As xentes: Simon Olsson (voces), Lisa Nordströrn (arranxos e programacións), Lisen Rylander (arranxos e programacións), Nicola Boruvka (cordas), Lotte Lybeck (cordas), Karin Claesson (cordas), Paula Gustafsson Apola (cordas), Stefan Sporsén (ventos). Deseño e fotografías de Martin Kann e François Claverie.

Cara A:
Babel on (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)
Universal stalker (Ian Person, Ebbot Lundberg)
The ego delusion (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)
Pineal Gland Hotel (Ian Person, Ebbot Lundberg)
RA 88 (Ian Person, Ebbot Lundberg)
Second life replay (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)

Cara B:
Thrill me (Ian Person, Ebbot Lundberg)
Fly (Nick Drake)
Pictures of youth (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)
Mensa’s marauders (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)
Just a brother (Ian Person, Ebbot Lundberg)
Distorted child (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)

Cara C:
Everything beautiful must die (Kalle Gustafsson Jernelhom)
The fan who wasn’t there (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)
Flipside (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg, Johan Anders Lindström)
Lost prophets in vain (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)
Songs of the ocean (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)
Digitarian riverbank (Ian Person)

Cara D:
Reconnecting the dots (Ian Person, Ebbot Lundberg)
Without warning (Ian Person, Ebbot Lundberg)
Utopia (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)
Saturation wanderers (Ian Person, Ebbot Lundberg)
Lifeline (Ian Person, Ebbot Lundberg)
The passover (Mattias Bärjed, Ebbot Lundberg)

Doble álbum con portada aberta tipo ‘gatefold’ primando a gráfica ata nas fundas dos plásticos. As letras e créditos figuran impresas na contraportada. O tema “Fly” é un orixinal de Nick Drake de 1970. Donas e cabaleiros: temos chartin chatín.

The Beatles - Rubber soul (1995)

Gravado nos estudos Abbey Road de Londres, Inglaterra, do 13 de outubro ó 11 de novembro de 1965. Agás “Wait”, descarte do álbum “Help!” do que se empregaron pistas básicas rexistradas o 17 de xuño. Mesturado do 25 de outubro ó 15 de novembro do mesmo ano. Producido por George Martin. Publicado o 3 de decembro de 1965 por EMI-Parlophone coa referencia PCS 3075 nas copias estéreo. Reedición de 1995 por EMI-Parlophone baixo licencia Apple Corps e referencia PCS 3075 – 10 4115 1.







A banda: John Lennon (voz, guitarras, teclados e percusións), Paul McCartney (voz, baixo, teclados, guitarras e distorsións), George Harrison (guitarras, voz e sitar), Ringo Starr (batería, percusións, voz e teclados). As xentes: Mal Evans (teclados) e George Martin (teclados). Fotografías de Bob Freeman e deseño a cargo de Charles Front.

Cara A:
Drive my car (John Lennon, Paul McCartney)
Norwegian wood – This bird has flown (John Lennon, Paul McCartney)
You won’t see me (John Lennon, Paul McCartney)
Nowhere man (John Lennon, Paul McCartney)
Think for yourself (George Harrison)
The word (John Lennon, Paul McCartney)
Michelle (John Lennon, Paul McCartney)

Cara B:
What goes on (John Lennon, Paul McCartney, Richard Starkey)
Girl (John Lennon, Paul McCartney)
I’m lloking through you (John Lennon, Paul McCartney)
In my life (John Lennon, Paul McCartney)
Wait (John Lennon, Paul McCartney)
If I needed someone (George Harrison)
Run for your life (John Lennon, Paul McCartney)

A data da reedición é confusa, algunhas fontes falan de 1990 e outras de 1995. A derradeira é a máis veraz pois identifica as novas copias polo emprego do logo negro e prateado de Parlophone e engade que se empregaron nela as remesturas oficiais de 1987. Aínda así non descarto que sexa dunha nova tirada, probablemente de 2008. O coidado por respectar o orixinal é tal que inclúen ata o comercial da época: limpadores de vinilo Emitex. Polo que respecta á coautoría de “What goes on”, Richard Starkey é o nome de Ringo Starr. E temos chartin' chatín!!!

Hot Dogs - Rock and roll army '69 (1999)

Gravado, mesturado e producido por Mikel Biffs nos estudos Chockablock de Bilbao en 1999. Masterizado por Biffs e Martini. Publicado nese mesmo ano por Safety Pin Records coa referencia SPLP 003 e distribuido por Munster Records.

A banda: Jon Iturbe (voz), Íñigo Agirrebalzategui (guitarra e voces), Íker Álvarez (baixo e voces), José Luis Aparicio (guitarra e voces), Iñaki Urizábal (batería).

As xentes: Koldo Cadierno (ventos), Mánex Burón (ventos), Mikel Biffs (voces), Diego ‘Hankie’ Lorenzo (voces) e Mónika (voces). Deseño de Jon Iturbe e Txemi Lizarralde, fotografías de Óscar Pereira coa axuda de Juanlu Escudero e Ana.


Cara A:
The return of Hankie (Jon Iturbe, Íñigo Agirrebalzategui, Íker Álvarez)
Roadstar (Jon Iturbe, Íñigo Agirrebalzategui, Íker Álvarez)
Colour gun baby (Jon Iturbe)
Rock and roll army 69 (Jon Iturbe, Íñigo Agirrebalzategui)
Days like this (Jon Iturbe, Íñigo Agirrebalzategui)

Cara B:
Night time lovers (Jon Iturbe, Íñigo Agirrebalzategui, Íker Álvarez)
Gimme more (Jon Iturbe, Íñigo Agirrebalzategui)
Motorballs (Jon Iturbe, Íñigo Agirrebalzategui, Íker Álvarez)
Iker, Antziñe, Íñigo & me (Jon Iturbe)
The ugliest dog (Jon Iturbe, Íñigo Agirrebalzategui, Íker Álvarez)
Las reinas del fósforo (Jon Iturbe)

Contén un inserto de folla e solapa coas letras e a súa traducción, ademáis dos pertinentes créditos e un texto de Jaime Gonzalo, codirector do “Ruta 66”. Non hai moita información extra (datas, nomes…) para engadir ó xa dito pero contentámonos escoitando tal chartin’ chatín.

Bruce Springsteen - Nebraska (1982)

Gravado e mesturado no estudo móbil de Bruce Springsteen en Nova Iersei, Estados Unidos, por Mike Batlin nos meses de xaneiro, marzo e abril de 1982. Masterizado por Dennis King e Chuck Plotkin en maio do mesmo ano no estudo Atlantic de Nova Iork, Estados Unidos, coa asistencia de Bob Ludwig e Steve Marcussen. Producido por Bruce Springsteen. Publicado por Columbia CBS coa referencia 38358 en setembro de 1982, distribuido en España por Discos CBS coa referencia S 25100.

A banda: Bruce Springsteen (voz, guitarras, mandolina, harmónica e percusións). As xentes: deseño de Andrea Klein con fotografías de David Kennedy.

Cara A:
Nebraska (Bruce Springsteen)
Atlantic City (Bruce Springsteen)
Mansion on the hill (Bruce Springsteen)
Johnny 99 (Bruce Springsteen)
Highway patrolman (Bruce Springsteen)
State trooper (Bruce Springsteen)



Cara B:
Used cars (Bruce Springsteen)
Open all night (Bruce Springsteen)
My father’s house (Bruce Springsteen)
Reason to believe (Bruce Springsteen)

Carpeta tipo ‘gatefold’, aberta amosa unha fotografía e as letras en inglés. A funda do plástico ven ilustrada coa mesma foto do interior e coas cancións traducidas ó castelán por Jesús Ordovás. As curiosidades chegan ata a galleta, empregando CBS a versión de tonalidades laranxas e amarelas en vez da clásica vermella. ¡Engadimos chartin’ chatín!

VVAA - Instrumental madness (1981)

Compilación arranxada a partires de escuras gravacións de garaxe, instrosurf e rockabilly norteamericano das décadas dos cincuenta e sesenta. Publicado por Ostrich Records no ano 1981 coa referencia OR 002.

As bandas e as xentes: é prácticamente imposible facer unha relación de tódo-los membros das bandas polo que limitareime a cita-las bandas xunto as cancións e as súas autorías, aínda que incompletas. O deseño é de Zane Vegadincia.







Cara A:
Thunder express (Lenny & the Thundertones – Lenny Drake, Al Johnson, Pete Weiss, Dave Ashbolt)
X Termination (The X Terminators – X Terminators)
Wailin’ (The Wailers – Richard Dangle, John Gleek)
Strollin’ after dark – Teenage werewolf (The Shades – J.D. Smith)
Shot rod (Conny & the Bellshops - Conrad)
Upturn (Eddie Smith & the Hornets – Eddie Smith)
Draggin’ waggin’ (The Triumphs – Earl Loar)
Thunder wagon (The Noblemen – Brand Schank)

Cara B:
Rockin’ rebel (The Strangers – Joel Hill, Harold Kirby, Ron Lynch, John Callard)
Beetle walk (The Velvetones – John Marish)
What’s the word (Thunder rocks – Jerome Pejecky)
Hot ice (Lenny & the Thundertones – Lenny Drake, Al Johnson, Pete Weiss, Dave Ashbolt)
Lost train (The Jades – Jack Calmes)
Flamingo express (The Royaltones – Greg Popoff, Mike Popoff, George Katsakis)
Take it off (The Genteels – Paul Buff, George Bobcock)
Show down (Tony March & the Rockets – Tony March)

Unha mágoa pero non atopei máis información en ningures e mellor non falar de datas e localizacións. Tamén hai dúbidas coa veracidade da presente edición, xa que nalgures cítase a Ostrich Records (disquera xa desaparecida) coma filial de Bomp! Records e o presente álbum unha reedición de 1990. Polo menos é unha ledicia ter chartin’ chatín.

The Jam - All mod cons (2008)

Gravado e mesturado por Vic Coppersmith, Greg Jackman e Roger Bechirian nos estudos Rak e Eden de Londres, Inglaterra, entre o 4 de xullo e o 17 de agosto de 1978. Producido por Vic Coppersmith e Chris Parry. Publicado por Polydor o 3 de novembro de 1978 coa referencia 2442155. Reeditado por Universal Music na serie Back to Black Vinyl en 2008, coa referencia Polydor Deluxe 00422 823282 12.

A banda: Paul Weller (voz, guitarra, teclados e harmónica), Bruce Foxton (baixo, guitarra e voz), Rick Butler (batería e percusións). As xentes: deseño de Bill Smith, Jill Munford e The Jam con fotografías de Peter Kodick.



Cara A:
All mod cons (Paul Weller)
To be someone – Didn’t we have a nice time? (Paul Weller)
Mr. Clean (Paul Weller)
David Watts (Ray Davies)
In the crowd (Paul Weller)
English rose (Paul Weller)

Cara B:
Billy Hunt (Paul Weller)
It’s too bad (Paul Weller)
Fly (Paul Weller)
The place I love (Paul Weller)
‘A’ bomb in Wardour Street (Paul Weller)
Down in the tube station at midnight (Paul Weller)

Edición xenerosa con carpeta e funda ríxidas e vinilo de gramaxe grosa. Dita funda inclúe memorabilia diversa e as letras, agás “English rose”, que coma no orixinal é omitida tamén dos créditos por decisión de Weller. Respecto a “David Watts”, é un tema dos Kinks, do álbum “Something else by the Kinks” de 1967.

MC5 - High time (2002)

Gravado por Geoffrey Haslam nos estudos Artie de Detroit (Estados Unidos), por David Baker e Ashley Howe no estudo Landsdowne de Londres (Inglaterra) e por Larry Bartlett en Pye, na mesma cidade, entre setembro e outubro de 1970. Mesturado por Geoffrey Haslam e producido por él mesmo e os MC5. Publicado por Atlantic Records en xullo de 1971 coa referencia SD 8285, reeditado por Sundazed Music en 2002 coa referencia 5094.

A banda: Rob Tyner (voz, harmónica e percusións), Fred ‘Sonic’ Smith (guitarra, voz, harmónica, teclados e percusións), Wayne Kramer (guitarra, voz e teclados), Mike Davis (baixo, voz e cordas), Dennis Thompson (batería, percusións e voz).

As xentes: Pete Kelly (teclados), Charles Moore (voz, ventos e arranxos de ventos), Joanne Hill (voz), Brenda Knight (voz), Marlene Driscoll (voz), David Oversteak (ventos), Larry Horton (ventos), Butch O’Brien (percusións), Skip Knapp (teclados), Kinki Le Pew (percusións), Wayne Derminer (percusións), Leon Henderson (ventos), Rick Ferretti (ventos), Dan Bollock (ventos), Bob Seger (percusións), Scott Morgan (percusións), Terry Trabandt (percusións), Dave Heller (percusións), Dave Morgan (percusións), Ellis Dee (percusións), William Ford (percusións). Deseño de Frederico Smithelini, Mark Schulman e os MC5 con fotografías de Francis Ing, Clyde Stringer, Betty Conn, Sigrid Smith, Chris Hovnanian, Auguste Dobat, Leni Sinclair e Stephen Fairchild, ilustracións de Rob Tyner e textos de William Ford.

Cara A:
Sister Anne (Fred Smith)
Baby won’t ya (Fred Smith)
Miss X (Wayne Kramer)
Gotta keep movin’ (Dennis Thompson)

Cara B:
Future – Now (Rob Tyner)
Poison (Wayne Kramer)
Over and over (Fred Smith)
Skunk – Sonicly speaking (Fred Smith)

Reedición exacta da tirada orixinal en formato de luxo: carpeta aberta tipo ‘gatefold’, cartón e vinilazo de gramaxe grosa. A galleta tamén reproduce a de Atlantic da época. E temos chartin’ chatín.

Eskorbuto - Los demenciales chicos acelerados (1987)

Gravado e mesturado por Josean López nos estudos Tsunami de Donosti no mes de abril de 1987. Producido por Eskorbuto. Publicado en xuño dese ano por Discos Suicidas coa referencia DS 19.

A banda: Iosu Expósito López (guitarra e voz), Jualma Suárez Fernández (baixo e voz), Paco Galán Portillo (batería). As xentes: Aitor Amezaga (teclados). Deseño de Eskorbuto con fotografías de Pablo Cabeza e ilustracións tamén obra da banda.







Cara A:
A pesar de todo (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Los demenciales chicos acelerados (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
La canción del miedo (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Mucho más fácil (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Las multitudes son un estorbo (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)

Cara B:
Paz, primero la guerra (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
La marcha del siglo XX (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Jodiéndolo todo (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Tragedia (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Asesinar la paz (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)

Cara C:
Trabajo sucio (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Con mujeres (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Hipócritas (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Ciudad conflictiva (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Más allá del cementerio (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)

Cara D:
El infierno es demasiado dulce (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Ratas rabiosas (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Sálvelo (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
Enterrado vivo (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)
No es fácil (Iosu Expósito, Jualma Suárez, Paco Galán)

Unha xoia (agasallo dun colega) no musical, no histórico e no que a mercadeos se refire. Edición orixinal de Discos Suicidas con portada tipo ‘gatefold’. O abrires a mesma atopas as típicas fotos da banda e un cupón recortable que podíase trocar por un póster, dito cupón está intacto polo que estes plásticos cotízanse ben nas subastas da rede. Somentes dicir que hai xente que pretende sacar centos de euros pola reedición de Twins de xullo de 1988 (carpeta pechada de funda única) así que imaxinade a consideración que lle terán a unha destas.

Convén citar que a referida reedición de Twins é froito das argucias destes piratas do Nervión: roubaron o máster e revendérono sen dicir que o disco xa estaba publicado un ano antes. Unha odisea tan fascinante coma a relatada nesta primeira (ou das primeiras) ópera punk da Historia… e para rematar, a soidade contra todos dos Eskorbuto estaba tan presente que nas cubertas o seu nome ven reflectido alomenos dúas ducias de veces.

VVAA - History of ska volume 2: the golden years 66-69 (1983)

Compilación arranxada e producida por Clement Seymour Dodd a partires de gravacións feitas entre 1966 e 1969 nos estudos Jamaica Recording and Publishing de Kingston, Xamaica. Publicado por Studio One e Gold Wax Records coa referencia GW 0001 en 1983 e distribuido por Coxsone Music.

As bandas e as xentes: como a lista sería longuísima e ademáis moitas das contribucións contan co apoio de músicos de estudo ou ‘backing bands’ diferentes limítome a cita-los de seguido, xunto as cancións e as súas autorías.






Cara A:
Exodus (Skatalites – Ernest Gold, Don Drummond, Rolando Alphonso, Tommy McCook, Clement Dodd)
Carolina (Count Ossie – John Folkes, Oswald Williams)
Time longer than rope (Prince Buster – Cecil Campbell)
Spit in the sky (Delroy Wilson – Lee Perry)
Pain in my belly (The Maytals – Cecil Campbell)
African blood (Prince Buster All Stars – Cecil Campbell)

Cara B:
Ocean eleven (City Slickers – Roland Alphonso, Aubrey Adams)
River Jordan (Clancy Eccles – Clancey Eccles, Clement Dodd)
Turn your lamp down low (Jackie Opel – Dalton Bishop, Clement Dodd)
Ska la parisienne (Skatalites - Don Drummond, Rolando Alphonso, Tommy McCook, Clement Dodd)
Freedom (Clancy Eccles - Clancey Eccles, Clement Dodd)
Dick Tracy (Skatalites - Don Drummond, Roland Alphonso, Tommy McCook, Clement Dodd)

A desinformación total da carpeta e unha infructuosa investigación na rede deixa moitas dúbidas enriba do prato. A data de publicación non é fixa, senón que emprego o ano no que Clement Dodds comezou a rescatar os seus arquivos en Coxsone, tendo en conta que esta referencia semella das primeiras... nembargantes dita referencia repítese no teórico primeiro volume da serie… por non falar das supostas autorías, que en ningures se atopan con rigurosidade… e que haxa erratas coma “Clancey Eccles”, “River Jordon” ou “Exodous”… vaia tolemia informativa!

The Damned - The best (1981)

Compilación arranxada por Roger Armstrong e Adam Speaking a partires das gravacións feitas polos Damned entre 1976 e 1980, producidas por Nick Lowe, Jan Rietman, Hans Zimmer e os propios Roger Armstrong e Damned. Publicado en novembro de 1981 por Big Beat e Ace Records coa referencia DAM 1.

A banda: David ‘Dave Vanian’ Lett (voz), Raymond ‘Captain Sensible’ Burns (baixo, guitarra, teclados e voz), Chris ‘Rat Scabies’ Millar (batería e voz), Brian James (guitarra e voz nos temas 1 e 3), Paul Gray (baixo nos temas 6, 7, 11 e 12), Algy Ward (baixo e voz nos temas 2, 4, 8, 9 e 10). As xentes: Hans Zimmer (sintetizadores), Michael Smith (guitarra e voz – The Softies), Frank Steyn (baixo e voz – The Softies), Joe Thumper (batería e voz – The Softies). Deseño de Phil Smee con fotografías de Allan Ballard, Erica Echenberg, Chris Gabrin, Mick Young, Chalkie Davis, Mike Beal e Mike Putland.

Cara A:
New rose (Brian James)
Love song (David Lett, Raymond Burns, Chris Millar, Algy Ward)
Neat neat neat (Brian James)
I just can’t be happy today (David Lett, Raymond Burns, Chris Millar, Algy Ward, Giovanni Dadamo)
Jet boy, jet girl (Francis Deprijck, Yvan Lacomblez, Alan Ward)
Hit or miss (David Lett, Raymond Burns, Chris Millar, Paul Gray)
There ain’t no sanity clause (David Lett, Raymond Burns, Chris Millar, Algy Ward, Giovanni Dadamo)

Cara B:
Smash it up parts I & II (David Lett, Raymond Burns, Chris Millar, Algy Ward)
Plan 9, Channel 7 (David Lett, Raymond Burns, Chris Millar, Algy Ward)
Rabid - Over you (David Lett, Raymond Burns, Chris Millar, Andy Le Vien)
Wait for the blackout (David Lett, Raymond Burns, Chris Millar, Paul Gray, Bill Karloff)
History of the world part I (David Lett, Raymond Burns, Chris Millar, Paul Gray)

“Jet boy, jet girl” non é dos Damned, senón que foi un sinxelo do Captain Sensible en solitario cunha banda holandesa chamada The Softies. É curiosa a inclusión deste tema e que do álbum “Music for pleasure” non haxa pegada ningunha (agás na reedición dixital), quizáis xustificado en que á banda lle cheira o que foi o seu segundo traballo. Voltando a “Jet boy, jet girl”, dicir que é unha versión do orixinal de Elton Motello de 1977, aínda que é máis coñecida a relectura feita por Plastic Bertrand en 1978 baixo o título “Ça planne pour moi”.

A contraportada contén información e fotografías das diferentes formacións da banda durante o periodo compilado. A funda do vinilo engade máis fotos da banda e memorabilia diversa. E hai chartin’ chatín.

Heartbreakers - L.A.M.F. (1977)

Gravado por John ‘Speedy’ Keen nos estudos Essex e Ramport de Londres, Inglaterra, no mes de marzo de 1977. Mesturado por John ‘Speedy’ Keen e polos Heartbreakers nos estudos Ramport, Olympic, Trident e Advision de Londres, entre marzo e setembro do mesmo ano. Producido por John ‘Speedy’ Keen e Daniel Secunda. Publicado por Track Records coa referencia 2409 218 en outubro de 1977, distribuido por Polydor.

A banda: Johnny Thunders (voz e guitarra), Walter Lure (voz e guitarra), Billy Rath (baixo), Jerry Nolan (batería). As xentes: deseño de Tony Peyton e fotografía de Roberta Bailey.



Cara A:
Born to lose (Johnny Thunders)
Baby talk (Johnny Thunders)
All by myself (Walter Lure, Jerry Nolan)
I wanna be loved (Johnny Thunders)
It’s not enough (Johnny Thunders)
Chinese rocks (Dee Dee Ramone, Richard Meyers)


Cara B:
Get off the phone (Walter Lure, Jerry Nolan)
Pirate love (Johnny Thunders)
One track mind (Walter Lure, Jerry Nolan)
I love you (Johnny Thunders)
Goin’ steady (Johnny Thunders)
Let go (Johnny Thunders, Jerry Nolan)

Na autoría de “Chinese rocks” engádense Johnny Thunders e Jerry Nolan, cousas de yonkis que correximos nós. Outra curiosidade sobre os temas é que na contraportada “Born to lose” figura coma “Born too loose”, que cadaquen faga súa a que queira. A lenda “tóxica”, ademáis das siglas “L.A.M.F.” (“Like a motherfucker”), dase tamén coa inclusión na carpeta das pegadas dixitais do grupo, cortesía da policía de Leeds.

Se sodes curiosos do mercadeo discográfico, aquí tedes unha copia da edición orixinal de Track Records. A discográfica foi á ruina xusto un mes despois de editarse o álbum, polo que calquera suporía que este vinilo cotizaríase ben entre coleccionistas. Nembargantes, o seu prezo hai 15 anos foi duns 30 euros (5.000 pesetas da época) e agora atópase por uns 45, é dicir nada se temos en conta a inflación. De tódolos xeitos, ahí vai o chartin’ chatín.

Beastie Boys - Ill communication (1994)

Gravado e mesturado por Mario Caldato Jr e Seth Ly nos estudos G-Son de Atwater Village e Tin Pan Alley de Nova Iork (Estados Unidos) dende a primaveira ata finais de 1993. Arranxos e secuencias por Mario Caldato Jr nos estudos Bundy’s Playhouse de Nova Iork e masterizado por Tom Baker en Futuredisc, na mesma cidade. Producido por Mario Caldato Jr e Beastie Boys. Publicado por Grand Royal en maio de 1994 coa referencia GR 006 e distribuido por Capitol Records, correspondéndolle o número de catálogo C1 7243 8 28599 1 8.

A banda: Adam ‘Ad-Rock’ Horovitz (voz e guitarra), Michael ‘Mike D’ Diamond (voz e batería), Adam ‘MCA’ Yauch (voz, baixo e contrabaixo). As xentes: John Klemmer e Pat Shannahan (xestión dos sampleados), Eugene Gore (violín), Eric ‘Bobo’ Correa (percusións), Amery ‘Awol’ Smith (batería), ‘Keyboard Money’ Mark Nishita (teclados), Kamal ‘Q-Tip’ Fareed (voz), Marcell ‘Biz Markie’ Hall (voz). Deseño de Gibran Evans con fotografías de Bruce Davidson e Ari Marcopoulos e ilustracións de Alex Grey.




Cara A:
Sure shot (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Mario Caldato Jr, Wendell ‘DJ Hurricane’ Fite)
Tough guy (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch , Amery Smith)
B-boys makin' with the freak freak (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch)
Bobo on the corner (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Eric Correa, Mark Nishita)
Root down (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch)

Cara B:
Sabotage (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch)
Get it together (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, John Davis)
Sabrosa (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Eric Correa, Mark Nishita)
The update (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Mario Caldato Jr, Mark Nishita)
Futterman's rule (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Mark Nishita)

Cara C:
Alright hear this (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch)
Eugene's lament (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Eric Correa, Eugene Gore, Mark Nishita)
Flute loop (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Mario Caldato Jr, Al Kooper)
Do it (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Marcell Hall, Mario Caldato Jr, Mark Nishita)
Ricky's theme (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Eric Correa, Mark Nishita)

Cara D:
Heart attack man (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Amery Smith)
The scoop (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Mario Caldato Jr)
Shambala (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Eric Correa, Mark Nishita)
Bodhisattva vow (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Mario Caldato Jr)
Transitions (Adam Horovitz, Michael Diamond, Adam Yauch, Mark Nishita)

Contén samplers a esgalla: ESG, Jeremy Steig, Moms Mabley, Run DMC, Rammelzee versus K. Rob, Miles Davis, Jimmy Smith, Doug E. Fresh & Slick Rick, Grand Funk Railroad, Moog Machine, Fred Wesley & the Horny Horns, Eugene McDaniels, John Klemmer, Yusef Lateef, Big Youth, Michael Holman, The Blues Project, Al Kooper, Richard Pryor, Timmy Sommers, Michael Urbaniak, Cedar Walton Jr., Kurtis Blow, The Free Movement e Afrique.

En España adquiríase de importación, neste caso é unha copia do Canadá segundo a súa referencia. A carpeta é aberta, tipo ‘gatefold’, e no interior inclúe as letras e créditos da gravación, ó carón dunha preciosa ilustración con ‘mensaxe’. E aquí tamén temos chartin’ chatín.

Patti Smith - Horses (1980)

Gravado e mesturado por Bernie Kirsh e Frank d’Augusta nos estudos Electric Lady de Nova Iork (Estados Unidos) en setembro de 1975 e masterizado por Bernie Kirsh e Bob Ludwig nos estudos Sterling Sound da mesma cidade. Producido por John Cale. Publicado por Arista Records en decembro de 1975 coa referencia 4066. Editado en España por Ariola Eurodisc en 1980 coa referencia I-201112.

A banda: Patti Smith (voz), Lenny Kaye (guitarra e voz), Ivan Kral (baixo, guitarra e voz), Richard Sohl (piano), Jay Dee Daugherty (batería). As xentes: Tom Verlaine (guitarra), Allen Lanier (guitarra). Deseño de Bob Hetmall con fotografías de Robert Mapplethorpe.


Cara A:
Gloria – In excelsis deo (Patti Smith, Van Morrison)
Redondo beach (Patti Smith, Richard Sohl, Lenny Kaye)
Birdland (Patti Smith, Richard Sohl, Lenny Kaye, Ivan Kral, Peter Reich, Huey Smith)
Freemoney (Patti Smith, Lenny Kaye)

Cara B:
Kimberly (Patti Smith, Allen Lanier, Ivan Kral)
Break it up (Patti Smith, Tom Verlaine)
Land: horses – Land of a thousand dances – La merde (Patti Smith, Chris Kenner, Antoine Dominoe)
Elegie (Patti Smith, Allen Lanier)

Mantén a galleta de Arista a pesares de ser edición licenciada a Ariola. E temos chartin’ chatín.

Ramones - Road to ruin (1978)

Gravado e mesturado en maio e xuño de 1978 por Tommy Erdelyi, Ed Stasium e Ray Janos nos estudos Media Sound de Nova Iork (Estados Unidos). Masterizado por Greg Clabi nos estudos Sterling Sound de Nova Iork (Estados Unidos). Producido por Tommy Erdelyi e Ed Stasium. Publicado por Sire Records en setembro de 1978 coa referencia SR 6063 e distribuido en Europa por Warner coa referencia SIR K 56 655.

A banda: Joey Ramone (voz), Johnny Ramone (guitarra), Dee Dee Ramone (baixo e voz), Marky Ramone (batería). As xentes: Ed Stasium (guitarra e percusións). Deseño de portada de Spencer Drate e John Gillespie con fotografías de Danny Fields, Chip Rock e Bob Gruen e ilustracións de Gus Mac Donald e John Holmstrom.

Cara A:
I just want to have something to do (Joey Ramone)
I wanted everything (Dee Dee Ramone)
Don’t come close (Dee Dee Ramone)
I don’t want you (Joey Ramone)
Needles and pins (Sonny Bono, Jack Nitzsche)
I’m against it (Joey Ramone, Johnny Ramone)


Cara B:
I wanna be sedated (Joey Ramone)
Go mental (Dee Dee Ramone)
Questioningly (Dee Dee Ramone)
She’s the one (Joey Ramone)
Bad brain (Dee Dee Ramone)
It’s a long way back (Dee Dee Ramone)

A autoría dos temas é colectiva coma ‘Ramones’ segundo as galletas, pero hoxe non é ningún segredo quen se agochaba detrás de cada canción e que todo era cuestión de imaxe… cousas de ‘irmáns’, supoño. Respecto da versión, é orixinal de Jackie De Shannon, sinxelo de 1963, pero popularizada polos Searchers un ano despois.

Cando falábamos de “Leave home” explicábamos o lío de referencias e datacións, aquí tamén cabe a posibilidade de que sexa a reedición europea Warner de 1990, aínda que non se explicita e as referencias son as mesmas que en 1978.

The Clash - The Clash (1984)

Gravado por Mickey Foote no estudo Beaconsfield da National Film and TV School de Buckinghamshire (Inglaterra) en xaneiro de 1977 e por Simon Humphrey no estudo CBS 3 de Londres (Inglaterra) en febreiro do mesmo ano. Mesturado e producido por Mickey Foote. Publicado por CBS en abril de 1977 coa referencia S 82000 e reeditado en España vía CBS Sony en 1984 coa referencia 32232.

A banda: Joe Strummer (voz e guitarra), Mick Jones (guitarra, voz e harmónica), Paul Simonon (baixo), Terry Chimes (batería). As xentes: Kate Simon e Rocco Macauley (fotografías).

Cara A:
Janie Jones (Joe Strummer, Mick Jones)
Remote control (Joe Strummer, Mick Jones)
I’m so bored with the USA (Joe Strummer, Mick Jones)
White riot (Joe Strummer, Mick Jones)
Hate & war (Joe Strummer, Mick Jones)
What’s my name (Joe Strummer, Mick Jones, Keith Levine)
Deny (Joe Strummer, Mick Jones)
London’s burning (Joe Strummer, Mick Jones)



Cara B:
Career opportunities (Joe Strummer, Mick Jones)
Cheat (Joe Strummer, Mick Jones)
Protex Blue (Joe Strummer, Mick Jones)
Police & thieves (Junior Murvin, Lee Perry)
48 hours (Joe Strummer, Mick Jones)
Garageland (Joe Strummer, Mick Jones)

Como dixéramos noutros álbumes “españois” de artistas extranxeiros, acontecía que a disquera traducía as cancións, ás veces (a maioría) desafortunadamente o que supoño obligou á modificación do plan de estudos da filoloxía correspondente. Ironías aparte, ahí tedes, agás os temas 1 e 11 que son nomes propios e o 4 e 7 sabe Deus porqué: “Control remoto”, “Estoy tan aburrido con los USA”, “Odio y guerra”, “Cuál es mi nombre”, “Londres está ardiendo”, “Oportunidades de la profesión”, “Engaño”, “Policía y ladrones”, “48 horas” e “Tierra de garaje”.

Aínda que cito ós tambores a Terry Chimes, a banda mudou o seu nome na contraportada por Tory Crimes, broma interna da banda contra do daquela xa ex baterista pola súa falta de compromiso político, segundo dicían eles. Seguindo co grupo, inclúo entre as labouras de Mick Jones a de toca-la harmónica, aínda que na mestura final non se escoita sei que hai edicións nas que se aprecia en “Garageland”, pola miña parte teño unha compilación australiana na que sí se oe e supoño que foi extraída da edición norteamericana de 1979.

Afondando nisto, a reedición española que nos ocupa respecta o listado orixinal británico namentres que a posterior tirada dixital no noso país tomaba o repertorio da edición norteamericana de 1979, sustituíndo alomenos tres cancións por sinxelos do periodo 1977-1978. E déixovos cun chartin’ chatín.

The Beatles - The red album 1962-1966 (1973)

Compilación arranxada por George Martin e os Beatles en 1973, partindo das gravacións feitas pola banda. Tódo-los temas mesturados e producidos por George Martin entre 1962 e 1966 coa axuda dos enxeñeiros Norman Smith e Geoff Emerick. Publicado por EMI e Apple Records en abril de 1973 coa referencia SKBO-3403, distribuido en España por EMI Odeón coa referencia 1J 162-05 307/8.

A banda: John Lennon (voces, guitarras, harmónica, teclados e percusións), Paul Mc Cartney (voces, baixo, teclados, orquestacións e percusións), George Harrison (guitarras, voces, sitar e percusións), Ringo Starr (batería, voces e percusións).

As xentes: George Martin (teclados e orquestacións), Andy White (batería), John Scott (ventos), Mal Evans (teclados, percusións e voces), Donovan Leitch (voces), Brian Jones (voces), Marianne Faithfull (voces). Fotografías de Angus Mc Bean e Tom Murray.







Cara A:
Love me do (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Please, please me (John Lennon, Paul Mc Cartney)
From me to you (John Lennon, Paul Mc Cartney)
She loves you (John Lennon, Paul Mc Cartney)
I want to hold your hand (John Lennon, Paul Mc Cartney)
All my loving (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Can’t buy me love (John Lennon, Paul Mc Cartney)

Cara B:
A hard day’s night (John Lennon, Paul Mc Cartney)
And I love her (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Eight days a week (John Lennon, Paul Mc Cartney)
I feel fine (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Ticket to ride (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Yesterday (John Lennon, Paul Mc Cartney)

Cara C:
Help! (John Lennon, Paul Mc Cartney)
You’ve got to hide your love away (John Lennon, Paul Mc Cartney)
We can work it out (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Day tripper (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Drive my car (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Norwegian wood – This bird has flown (John Lennon, Paul Mc Cartney)

Cara D:
Nowhere man (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Michelle (John Lennon, Paul Mc Cartney)
In my life (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Girl (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Paperback writer (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Eleanor Rigby (John Lennon, Paul Mc Cartney)
Yellow submarine (John Lennon, Paul Mc Cartney)

O “doble vermello”, xoia pop agochada na colección predominantemente folkie familiar. Carpeta aberta tipo ‘gatefold’ con foto e relación de temas no interior e fundas coas letras impresas. As galletas son as de Apple, coas características metades de mazá por cara. Como xenuina edición hispana tradúcense os títulos das cancións agás nos temas 2, 9 e 10 por razóns que descoñezo. Déixovos a (ás veces hilarante) relación de ‘hits’: “Ámame”, “Para tí”, “Ella te ama”, “Quiero coger tu mano”, “Todo mi amor”, “No puedes comprarme”, “Que noche la de aquel día”, “Me siento feliz”, “Un billete compró”, “Ayer”, “¡Socorro!”, “Esconder tu amor”, “Hemos de salvar”, “Tus viajes”, “El coche guiarás”, “El ruiseñor voló”, “Sin lugar alguno”, “Michelle”, “En mi vida”, “Chica”, “Un novelista”, “Eleanor Rigby”, “Submarino amarillo”.

Real Kids - Real Kids (1991)

Gravado e mesturado no outono de 1977 por Larry Alexander e Marty Thau no estudo Ultima de Nova Iork, Estados Unidos. Producido por Marty Thau e os Real Kids. Publicado por Red Star Records en xaneiro de 1978 coa referencia RS 2 e reeditado baixo licencia por Norton Records en decembro de 1991 coa referencia ED 222.

A banda: John Felice (voz e guitarra), Billy Borgioli (guitarra), Alan ‘Alpo’ Paulino (baixo e voz), Howard Ferguson (batería). As xentes: Jeff Connolly (teclados), Roberta Bailey (fotografía), Miriam Linna (notas na reedición).





Cara A:
All kindsa girls (John Felice)
Solid gold – Thru and thru (John Felice)
Rave on (Sonny West, Bill Tilghman, Norman Petty)
Better be good (John Felice)
Taxi Boys (John Felice)
Just like darts (John Felice)

Cara B:
She’s alright (John Felice)
My baby’s book (John Felice)
Roberta (Huey Smith, John Vincent)
Do the boob (John Felice)
My way (Eddie Cochran)
Reggae reggae (John Felice)

O tema 3 é un orixinal de Buddy Holly de 1958. O tema 9 é de Huey 'Piano' Smith e posterior éxito de Frankie Ford en 1959, tamén revisionado polos Animals un lustro despois. O tema 11 é de Eddie Cochran e viu á luz en 1959. ¡Ei! Semella que temos chartin’ chatín.

Ramones - Leave home (1977)

Gravado en outubro de 1976 por Ed Stasium nos estudos Sundragon de Nova Iork (Estados Unidos) e mesturado nos estudos Le Studio de Quebec (Canadá) e Track Recorders de Washington (Estados Unidos), masterizado por Ray Janos nos estudos Media Sound de Nova Iork (Estados Unidos). Producido por Tony Bongiovi e Tommy ‘Ramone’ Erdelyi. Reedición europea de marzo de 1977 por Warner, baixo licencia de Sire Records, coa referencia SIR K 56 646.

A banda: Joey Ramone (voz), Johnny Ramone (guitarra), Dee Dee Ramone (baixo e voz), Tommy Ramone (batería). As xentes: Tony Bongiovi e Ed Stasium (guitarras, percusións e voces). Deseño e portada de John Gillespie, Pat Chiono e Arturo Vega con fotografías de Moshe Brakha e Danny Fields.

Cara A:
Glad to see you go (Dee Dee Ramone, Joey Ramone)
Gimme gimme shock treatment (Dee Dee Ramone, Johnny Ramone)
I remember you (Joey Ramone)
Oh oh, I love her so (Joey Ramone)
Sheena is a punk rocker (Joey Ramone)
Suzy is a headbanger (Dee Dee Ramone, Joey Ramone)
Pinhead (Dee Dee Ramone)

Cara B:
Now I wanna be a good boy (Dee Dee Ramone)
Swallow my pride (Joey Ramone)
What's your game (Joey Ramone)
California sun (Henry Glover, Morris Levy)
Commando (Dee Dee Ramone)
You're gonna kill that girl (Joey Ramone)
You should never have opened that door (Dee Dee Ramone, Johnny Ramone)

A autoría de tódo-los temas é colectiva, coma ‘Ramones’, dende o primeiro e homónimo álbum (iste é o segundo) ata “End of the century”, precisamente no documental de mesmo nome Tommy Ramone desvela quén escribiu qué (xa sei que en galego non leva til, pero a mín gústame máis así) da triloxía inicial e nos libretos das reedicións dixitais de Rhino Records atópanse pistas para face-lo propio cos outros traballos… unha enfermiza obsesión para os fans máis irredentos dos Ramones, cos que me identifico engado. Sobre o tema 11, editárono coma sinxelo en 1964 The Rivieras.

Aínda que vos semelle incrible, este disco foi atopado nunha cubeta de El Corte Inglés. Detrás deste plástico hai reviravoltas discográficas a esgalla. Dou por certo que é a versión europea de Warner de 1977 aínda que coa mesma referencia ou a SR 6031 fixéronse reedicións en 1980 e 1990, nesta carpeta figuran as dúas. O que sí queda claro e que corresponde á cuarta e definitiva tirada do álbum, identificable pola inclusión de “Sheena is a punk rocker” e a chamada de portada que indica que o álbum está “specially repackaged” para a inclusión do citado “hit single” con funda ‘insert’ coas letras e unha fotografía do grupo. Que saibades que en orixe o disco saiu en xaneiro de 1977 coa referencia de Sire Records SA 7528 pero que censuras e polémicas varias por presión da distribuidora ABC Philips obrigaron á compañía a quitar do plástico “Carbona not glue” nunha precipitada segunda tirada ou a sustituila, por “Babysitter” na terceira e na que nos atinxe.

Sparks - Propaganda (1975)

Gravado por Richard Digby-Smith, Robin Black e Bill Price nos estudos Wessex e Island Basing Street de Londres (Inglaterra) e Ramport de Battersea (Inglaterra), nos meses de agosto e setembro de 1974. Mesturado por Bill Price e producido por Muff Winwood. Publicado en España en xaneiro de 1975 vía Ariola coa referencia 88 425-1 baixo licencia de Island Records, editora orixinal en setembro de 1974 en Inglaterra. Deseño e fotografías por Monty Coles.

A banda: Ron Mael (teclados), Russell Mael (voz), Trevor White (guitarra), Ian Hampton (baixo), Norman 'Dinky' Diamond (batería), Adrian Fisher (guitarra).



Cara A:
Propaganda (Ron Mael)
At home, at work, at play (Ron Mael)
Reinforcements (Ron Mael, Russell Mael)
BC (Ron Mael)
Thanks but no thanks (Ron Mael, Russell Mael)
Don’t leave me alone with her (Ron Mael)

Cara B:
Never turn your back on Mother Earth (Ron Mael)
Something for the girl with everything (Ron Mael)
Achoo (Ron Mael)
Who don’t like kids? (Ron Mael)
Bon voyage (Ron Mael, Russell Mael)

Mentres que o resto de edicións europeas (Francia, Italia, Alemania…) deste álbum respectaban o deseño ‘gatefold’ da publicación inglesa, Ariola preferiu o formato sinxelo cunha funda ‘insert’ coas letras e unha fotografía en branco e negro, gráfica que ó norte dos Pirineos desfrutaban a cor ó abrires a carpeta. Como curiosidades convén engadir que Ariola respectou as galletas de Island nos plásticos e que na folla do ‘insert’ facilítase a dirección do Sparks Fan Club da época, aínda que dubido que agora lles chegue postal algunha. E sí, desta pequena xoia do vodevil rock hai chartin’ chatín.

Creedence Clearwater Revival - Chronicle (1989)

Compilación arranxada por Saul Zaentz e Jake Rohrer en 1976, partindo das gravacións feitas pola Creedence Clearwater Revival. Tódo-los temas mesturados e producidos por John Fogerty coa axuda de Jake Rohrer e Russ Gary entre 1968 e 1972. Publicado en España por Nuevos Medios en 1989 coa referencia 26-448, baixo licencia de Fantasy Records, editora orixinal de 1976.

A banda: John Fogerty (voz, guitarras, ventos e teclados), Tom Fogerty (guitarras, teclados e voces agás nos temas 19 e 20), Stu Cook (baixo, teclados e voces), Doug Clifford (batería, percusións e voces).
As xentes: Walt Payne, Hank Mc Gill, Russ Gary, Kevin Gray e Steve Hoffman (enxeñeiros e asistencia no estudo). Deseño e portada de Phil Carroll con fotografías de Jim Marshall.

Cara A:
Suzie Q (James Burton, Dale Hawkins, Stan Lewis, Eleanor Broadwater)
I put a spell on you (Jay Hawkins)
Proud Mary (John Fogerty)
Bad moon rising (John Fogerty)

Cara B:
Lodi (John Fogerty)
Green River (John Fogerty)
Commotion (John Fogerty)
Down on the corner (John Fogerty)
Fortunate son (John Fogerty)
Travelin' band (John Fogerty)

Cara C:
Who'll stop the rain (John Fogerty)
Up around the bend (John Fogerty)
Run through the jungle (John Fogerty)
Lookin' out my back door (John Fogerty)
Long as I can see the light (John Fogerty)

Cara D:
I heard it through the grapevine (Norman Whitfield, Barrett Strong)
Have you ever seen the rain? (John Fogerty)
Hey tonight (John Fogerty)
Sweet hitch-hiker (John Fogerty)
Someday never comes (John Fogerty)

Na autoría do tema 1 se engaden os nomes de Stan Lewis e Eleanor Broadwater aínda que non participaron realmente na súa composición, que foi editada coma sinxelo en 1957 por Dale Hawkins. O tema 2 foi publicado por Screamin’ Jay Hawkins tamén en 1957. O tema 16 viu a luz en 1966 con The Miracles pero o popularizaría Marvin Gaye en 1968, neste vinilo inclúese a versión da CCR editada para radio que na reedición dixital cambiarase pola extensa gravada para o álbum “Cosmo’s Factory” de 1970.

Os plásticos veñen nunha carpeta ‘gatefold’ que, aberta, amosa foto central da banda ao vivo e nos laterais diversa información para fans fatais: listado e créditos dos temas, nota sobre a versión editada de “I heard it through the grapevine”, un texto do crítico Greil Marcus e un resumo da traxectoria do grupo dende 1967 ata 1972 engadindo tóda-las certificacións oficiais de ventas. Esta edición española respecta a gráfica orixinal de 1976 agás nas galletas dos vinilos: azuis co logo de Nuevos Medios deseñado por Joan Miró. Sobre o son deste doble álbum ahí vai o chartin’ chatín.

Bon Jovi - Slippery when wet (1986)

Gravado e mesturado nos meses de abril e maio de 1986 por Bob Rock e Tim Crich nos estudos Little Mountain de Vancouver, Canadá. Producido por Bruce Fairbairn. Publicado no mes de agosto de 1986 por Mercury-Polygram coa referencia 830264-1.

A banda: Jon Bon Jovi (voz), Richie Sambora (guitarra, programacións e voces), Alec John Such (baixo e voces), David Bryan (teclados, sintes, programacións e voces), Tico Torres (batería e percusións).

As xentes: Bruce Fairbairn (percusións e ventos), Tom Keenlyside (ventos), Lema Moon (ventos), Hugh McDonald (baixo e voces). Deseño e portada de Bill Levy con fotografías de Mark Weiss.

Cara A:
Let it rock (Jon Bon Jovi, Richie Sambora)
You give love a bad name (Jon Bon Jovi, Richie Sambora, Desmond Child)
Livin’ on a prayer (Jon Bon Jovi, Richie Sambora)
Social disease (Jon Bon Jovi, Richie Sambora)
Wanted dead or alive (Jon Bon Jovi, Richie Sambora)
Cara B:
Raise your hands (Jon Bon Jovi, Richie Sambora)
Without love (Jon Bon Jovi, Richie Sambora, Desmond Child)
I’d die for you (Jon Bon Jovi, Richie Sambora)
Never say goodbye (Jon Bon Jovi, Richie Sambora)
Wild in the streets (Jon Bon Jovi)

Xunto co “The final countdown” de Europe iste foi o meu primeiro vinilo. Custou 785 pesetas das de 1986 en El Corte Inglés. Menos romántico musicalmente falando foi o lugar de adquisición do de Europe, o vello Continente (hoxe Carrefour) coruñés. ¡Qué ‘jevi’! Algo disto fálase no chartin’ chatín.

Siniestro Total - Menos mal que nos queda Portugal (1984)

Gravado e mesturado por Eugenio Muñoz e Paco Trinidad nos estudos Trak de Madrid, nos meses de agosto e setembro de 1984, masterizado por Jesús Gómez nos estudos Doublewtronics de Madrid. Producido por Paco Trinidad. Editado por DRO en outubro de 1984 coa referencia 4D-095.

A banda: Miguel Costas (voz e guitarra), Alberto Torrado (baixo, voz e teclados), Julián Hernández (batería, voz e teclados). As xentes: Rubén Losada (ventos, percusións e voces), Paco Trinidad (percusións e voces), ‘Keke’ Llorca (voces en “Keke Rosberg”). Deseño e portada de Óscar Mariné, fotografías de Antonio Marcos.

Cara A:
Tipi dulce tipi (Miguel Costas)
ELEVEN – El famoso encuentro de Matt Murdock y Ray Charles (Julián Hernández)
Que corra la nicotina (Julián Hernández)
La matanza de taxis (Miguel Costas, Julián Hernández)
Assumpta (Miguel Costas)
Menea el bullarengue (Julián Hernández)
Miña terra galega (Ed King, Gary Rossington, Ronnie Van Zandt)


Cara B:
Keke Rosberg (Julián Hernández)
Señor, ilumina mi corazón (Miguel Costas, Julián Hernández)
Oh, qué raro soy (Miguel Costas)
Te quiero (Julián Hernández)
Sonorice su templo (Julián Hernández)
¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos? (Julián Hernández)
Si yo canto (Bill Anderson, Jerry Cructhfield, Vline Buggy)


Na autoría dos temas 4, 6 e 9 figuraba somentes Miguel Costas, a corrección fíxose na reedición dixital de 2002. O tema 7 é unha versión do “Sweet home Alabama” de Lynyrd Skynird. O tema 14 é unha versión do “My whole world is falling down” de Brenda Lee, popularizada en francés coma “Si je chante” por Sylvie Vartan.

Que saibas que este plástico corresponde á “edición internacional”, denominación humorística para á segunda tirada e seguintes do álbum, a partires de novembro de 1984. A edición orixinal tiña diferente portada, un collage periodístico, e a referencia DRO-095. A folla do insert neste caso é unha fotocopia da propia fotocopia orixinal, o que convirte este disco nun curioso caso de “pirata legal” ou “vinilo oficial case que bootleg”.

091 - 12 canciones sin piedad (1989)

Gravado por Juan Miguel Cobos nos estudos Musigrama de Madrid e mesturado por Alberto de Palacios nos estudos The Sound de Madrid en 1989. Producido por Andreas Prittwitz. Editado por Serdisco-Zafiro en 1989 coa referencia 303124445.

A banda: José Ignacio García Lapido (guitarra e voz), José Antonio García (voz), Carlos Aníbal ‘Tacho’ González (batería), Antonio Arias (baixo). As xentes: Alfonso Conejo (teclados), Mariano Díaz (teclados), Antonio García de Diego (coros), Jimmy Ríos (percusión), Manuel Angulo (ventos), José Antonio Romero (programación de guitarras). Deseño e portada de Leo Pozo, fotografías de Fin Costello.



Cara A:
Cartas en la manga (José Ignacio García Lapido)
Confusión (José Ignacio García Lapido)
En tus ojos (José Ignacio García Lapido, Antonio Arias, Carlos Aníbal González)
El deseo y el fuego (José Ignacio García Lapido)
Nadie encuentra lo que busca (José Ignacio García Lapido)
En el laberinto (José Ignacio García Lapido)
Cara B:
¿Qué fue del siglo XX? (José Ignacio García Lapido)
Esta noche (José Ignacio García Lapido)
Al borde del abismo (José Ignacio García Lapido, Antonio Arias)
Nada es real (José Ignacio García Lapido)
El trago más amargo (José Ignacio García Lapido)
Carne cruda (José Ignacio García Lapido, Antonio Arias, José Antonio García)

O meu primeiro vinilo de rock español e aínda lle peta ben, como se amosa no chartin’ chatín.